Cunha impresionante ponte de máis de 8 m
de van, testemuña das vías de comunicación no litoral sur da ría de Vigo.
O accidente ferroviario do ano 1976 |
A proliferación de empresas e a industrialización
creou o que nos últimos anos foi dado en chamar, polos arqueólogos industriais
e demais expertos en historia contemporánea, “Paisaxes Industriais” ou
“Paisaxes Culturais”, entendendo por estas, as paisaxes novas xurdidas como
froito das transformacións provocadas pola industrialización.
O Industrial, abarca no só inmobles (fábricas,
obradoiros, chemineas...), incluiría tamén as vías de transporte e comunicación
a través das que chegaban as materias primas e se comercializaban os produtos
(pontes, ferrocarrís, estacións...), entre outros inmobles.
Nesta conxuntura valoramos a liña de ferrocarril
Ourense-Vigo, aberta en 1885, que puxo en relación os xacementos mineiros da
provincia de Ourense co porto de Vigo, achegando, deste modo, os minerais
extraídos ás siderurxias inglesas.
Pola súa localización xeográfica, o porto de Vigo
tivo especial protagonismo como punto de exportación dos minerais da comarca
ourensá. Deste modo, iniciouse o camiño que levou o Estreito de Rande a ser o
punto da ría de Vigo onde se realizaba o embarque do mineral de ferro que viña
dende Ourense.
A Ponte de Ferrocarril de máis de 8 m de van é
outro exemplo máis de arqueoloxía industrial na zona do Estreito de Rande que
debe conservarse.
En setembro de 1976 tivo lugar en Rande un
espantoso accidente ferroviario que deixou un balance de 18 mortos e centos de
feridos.