Foi durante moitos anos a maior ponte
colgante do mundo.
Construída
nos anos 70 do século XX. Foi proxectada polo enxeñeiro italiano Fabrizio de
Miranda, o español Florencio do Pozo (que tamén se encargou da cimentación) e
por Alfredo Passaro.
Custou
3.658 millóns de pesetas no momento da súa construción. Desde a súa apertura ao
tráfico en 1981, pasaron por ela 231 millóns de vehículos, soportando
actualmente un tráfico duns 50.000 vehículos diarios.

No
ano 2018, tras máis de 30 meses de obras, engadíronse dous carrís exteriores.

No momento da súa inauguración era a ponte atirantada de maior lonxitude do mundo. Ademais era a ponte máis longa de España, despois da Ponte Sifón de Huelva cuxa lonxitude é de máis de 2.000 m. Segue sendo unha obra de enxeñaría emblemática da ría de Vigo.